Quensomos

Somos unha empresa especializada na prestación de servizos de asesoramento técnico-xurídico nos seguintes ámbitos de actuación: laboral, fiscal, contratación administrativa, xestión de emprego público, xestión de recursos humanos e negociación colectiva, asesoramento a administracións públicas, asesoramento xurídico xeral.

Trato personalizado

Prestamos atención personalizada e servizos adaptados ás necesidades da túa organización.
Adaptamos os nosos servizos e produtos ás túas necesidades para dar unha resposta específica e eficaz.

Reciba asesoramento técnico especializado

Prestamos asesoramento especializado para axudarlle a solucionar os problemas da súa organización e mellorar o seu funcionamento. Contamos con persoal técnico especializado en múltiples disciplinas, así como cun amplo grupo de asesores especialistas do eido universitario, o que nos permite prestar servizos de calidade en diversos ámbitos materiais.

Aumente os seus recursos

Ampliamos as fontes de financiamento da súa organización facilitándolle o acceso a contratos con administracións públicas. Na actual época de crise económica traballamos dende unha perspectiva innovadora, buscando recursos para a túa organización, diversificando as túas fontes de financiamento e sondeando novos mercados e nichos de negocio.

Actualidade

  • HORARIO DE VERÁN 2016

     

    INFORMAMOS QUE DENDE O 1 DE AGOSTO ATA O 15 DE AGOSTO (AMBOS INCLUÍDOS) AS NOSAS OFICINAS ESTARÁN PECHADAS POR VACACIÓNS.

    ASÍ MESMO, INFORMAMOS QUE O HORARIO DAS NOSAS OFICINAS DENDE O 16 DE AGOSTO ATA O 31 DE AGOSTO SERÁ DE LUNS A VENRES DE 9:00 HORAS A 15:00 HORAS.

     

     

  • FELICES FESTAS

    Dende o equipo de Galivalia queremos desexarvos a todos unhas felices festas e un prospero ano novo para que o próximo ano 2015 veña cargado de éxitos e novas oportunidades, tal e como aconteceu neste ano 2014, no cal o equipo de Galivalia consegiu levar a cabo neste final de ano, entre outros, os seguintes procesos:

    – Publicación do Convenio Colectivo e Acordo Regulador no Concello de Bueu

    – Firma de Relación de Postos de Traballo no Concello de Caldas de Reis

    – Modificación da Relación de Postos de Traballo no Concello de Cambados

    – Firma do Convenio Colectivo e Acordo Regulador no Concello de Ribadeo

    – Firma do Convenio Colectivo da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG)

     

  • Galivalia inicia un novo proxecto no Concello de Betanzos

    Tal e como informa o xornal “La Opinión”, o Concello de Betanzos recorreu a unha empresa externa, Galivalia, para retomar as negociacións do convenio co seu persoal municipal e a aprobación dunha nova Relación de Postos de Traballo (RPT). Onte xa mantiveron unha primeira reunión os representantes sindicais do comité de empresa e da xunta de persoal dos traballadores funcionarios con representantes do Concello.

    Por parte da empresa acudiu o responsable, Javier Ferreira, experto en elaborar RPT, profesor de Dereito Administrativo e exvicepresidente de Benestar no anterior goberno bipartito da Xunta.

    O sindicato UGT, nun comunicado enviado onte, cualificou como de” positiva” esta reunión para continuar coa mesa de negociación e tamén a presenza deste mediador experto en asesoramento técnico-xurídico.

    Os membros de UGT sinalan que Javier Ferreira lles explicou a situación laboral do Concello, “indicando os desaxustes na estrutura organizativa” motivados por “os cambios de goberno e unha organización baseada nas subvencións. Nesta reunión acordouse que o persoal laboral seguirá negociando o seu convenio nunha mesa distinta da dos funcionarios.

    Fonte: http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2014/02/20/betanzos-contrata-empresa-negociar-convenio/813686.html

  • O CONCELLO DE FENE XA CONTA CUNHA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO

    O Concello de Fene aprobou no pleno ordinario, celebrado na primeira semana de outubro,  o Organigrama e a Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello. O documento foi redactado pola empresa Galivalia, contratada para o efecto, e consensuada entre o goberno municipal e os sindicatos con representación municipal: CIG, CCOO e UGT.

    En palabras do Alcalde culmínase de forma exitosa a aposta decidida que o actual goberno municipal realiza no ámbito da modernización e racionalización administrativa, así como da ordenación dos recursos humanos no Concello. Aínda que por parte do goberno anterior houbo un intento de elaborar unha RPT que resultou infrutuosa, é esta a primeira vez que se elabora e se aproba un documento deste tipo.

    Fonte:  http://www.tvferrol.es/es/noticia.php?n=4391

  • Javier Ferreira participa nun foro sobre a modernización e reforma da Administración Pública en Santiago de Compostela

    Javier Ferreira participou, o 25 de xuño,  nun foro celebrado en Santiago de Compostela (Hotel Porta do Camiño) sobre a “Modernización e reforma da Administración Pública. A Calidade e a excelencia como sistema de planificación. A e-Administracion.”.  Como destinatarios do foro estaban responsables político, funcionarios, consultores,…

     

    FORO O CORREO GALEGO- JAVIER FERREIRA

     

ver máis novas

Tel�fono 677 303 856 Galivalia

Galivalia Consulstgo S.L. Ver texto legal.