A Asociación Agadea, coa que traballa e colabora Galivalia S.L., ven de adaptar a súa actividade á nova carteira de servizos de Benestar na área de Santiago de Compostela, co fin de intensificar a prevención e intervención sobre o Alzhéimer.
A Asociación galega para a axuda aos enfermos con demencia tipo alzhéimer (Agadea) ofrecerá máis actividades para previr as demencias en Santiago e noutros municipios da área compostelana. Adaptarase tamén á nova carteira de servizos da Consellería de Traballo e Benestar
A presidenta da entidade, Isabel Gey, afirma que tentarán potenciar os servizos que xa ofrecen en Santiago e Ribeira. Ademais, están contactando con outros municipios para, alomenos, ofrecer respiro familiar, e favorecer así que poidan descansar as persoas coidadoras e familiares que están en relación permanente con maiores de idades avanzadas nos que se manifesta este problema de saúde.
Fuente La Voz de Galicia