O Concello de Aranga chegou a acordo para aprobar a súa primeira Relación de Postos de Traballo (RPT), así como o seu primeiro Acordo Regulador das condicións de traballo do persoal funcionario e o seu primeiro Convenio colectivo do persoal laboral.
A Mesa Xeral de Negociación expresou a súa plena conformidade coa proposta dos devanditos documentos e procedeu á sinatura destes, dando así por rematado o proceso de negociación colectiva aberto a tal fin.
Do mesmo xeito, as partes asinantes acordaron proseguir coas tramitacións administrativas preceptivas para a aprobación e definitiva entrada en vigor dos documentos.