Acceso Clientes

Actualidade

Mantéñase ó día da actualidade de Galivalia e do noso sector

ACORDO NO CONCELLO DE PEREIRO DE AGUIAR PARA APROBAR O SEU PRIMEIRO CONVENIO COLECTIVO E ACORDO REGULADOR

Os membros da Mesa Xeral de Negociación do Concello de Pereiro de Aguiar, na sesión celebrada en data 16 de maio de 2017, expresaron a súa plena conformidade coa proposta do novo Acordo Regulador das condicións de traballo do persoal funcionario e a proposta do novo Convenio Colectivo do persoal laboral, dando así por finalizado o proceso de negociación colectiva aberto para ese efecto.

Así mesmo, as partes asinantes acordan que se prosiga coas tramitacións administrativas preceptivas para a aprobación e definitiva entrada en vigor dos documentos acordados. Coa aprobación dos devanditos documentos, que foron elaborados pola empresa Galivalia, lograranse alcanzar os seguintes obxectivos principais:

  • A homoxeneización xeral das condicións laborais dos empregados municipais.
  • A fixación dun compendio dos dereitos, deberes e normas laborais.
  • A racionalización da estrutura profesional e da retribución do persoal laboral.
  • A aplicación das novidades normativas e adecuación ao marco legal vixente.

 


Tel�fono 677 303 856 Galivalia

Galivalia Consulstgo S.L. Ver texto legal.