O Concello de Ponteareas chegou a un Acordo para aprobar a súa primeira Relación de Postos de Traballo (RPT), así como o seu primeiro Acordo Regulador das condicións de traballo do persoal funcionario, e un novo Convenio Colectivo do persoal laboral.
A Mesa Xeral de Negociación expresou a súa conformidade coa proposta dos citados documentos, e procedeu á sinatura dos mesmos, dando deste xeito por rematado o proceso de negociación colectiva aberto a tal efecto.
Coa aprobación dos devanditos documentos, o Concello de Ponteareas situarase á vangarda dos concellos galegos no ámbito da ordenación dos recursos humáns.