Acceso Clientes

Actualidade

Mantéñase ó día da actualidade de Galivalia e do noso sector

ACORDO NO CONCELLO DE PONTEAREAS PARA APROBAR A SUA PRIMERA RPT, ACORDO REGULADOR E CONVENIO COLECTIVO

O Concello de Ponteareas chegou a un acordo para aprobar a súa primeira Relación de Postos de Traballo (RPT), así como o seu primeiro Acordo Regulador das condicións de traballo do persoal funcionario e un novo Convenio Colectivo do persoal laboral.

A Mesa Xeral de Negociación expresou  a súa conformidade coa proposta dos citados documentos e procedeuse á firma dos mesmos, dando así por finalizado o proceso de negociación colectiva aberto para ese efecto.

Coa aprobación dos devanditos documentos o Concello de Ponteareas situarase á vangarda dos concellos galegos no ámbito da ordenación dos recursos humanos.

 


Tel�fono 677 303 856 Galivalia

Galivalia Consulstgo S.L. Ver texto legal.