Blog

ACORDO NO CONCELLO DO CARBALLIÑO PARA APROBAR UN NOVO CONVENIO COLECTIVO E ACORDO REGULADOR

A Mesa Xeral de Negociación do Concello do Carballiño, en sesión de data 10 de xullo de 2017, acadou un acordo sobre a proposta do novo Acordo Regulador das condicións de traballo do persoal funcionario e a proposta do novo Convenio Colectivo do persoal laboral, finalizando así o proceso de negación colectiva que se abrira con tal obxectivo.

Ademais, as partes acordan proseguir coa tramitación administrativa preceptiva para a aprobación definitiva e entrada en vigor dos documentos acordados, citándose para a sinatura dos documentos na próxima Mesa de Negociación.