Acceso Clientes

Actualidade

COMUNICADO DO DESPACHO PROFESIONAL GALIVALIA AVOGADOS E CONSULTORES EN RELACIÓN COAS INFORMACIÓNS PUBLICADAS NO DÍA DE HOXE NO DIARIO “LA VOZ DE GALICIA” EN RELACIÓN CO ACORDO MUNICIPAL DE SUSPENSIÓN DO PROCEDEMENTO DE LICITACIÓN DA ESCOLA DE MÚSICA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

 

Con data de hoxe, 14 de setembro de 2018, o diario “la Voz de Galicia” publicou unha nova na que se informa que o Concello de Santiago de Compostela instou a declaración de lesividade do prego de prescricións técnicas e do prego de cláusulas administrativas utilizados para a contratación do servizo da Escola Municipal de Música con base nos que se tramita o expediente CON/7/2018.

Dita información veuse confirmada na rolda de prensa ofrecida polo alcalde de Santiago de Compostela no día de hoxe. Entre outras informacións, na dita publicación trasládase o seguinte:

“La Xunta de Goberno Local acordó en una sesión extraordinaria, celebrada a primera hora de la tarde de ayer, iniciar el procedimiento de «declaración de lesividade» del pliego de prescripciones técnicas y del pliego y cláusulas administrativas utilizados para licitar la gestión de la Escola Municipal de Música en el semestre pasado. En el concurso de licitación se presentó solo la empresa Esproade, de Culleredo. No se le adjudicó por discrepancias con el informe económico que adjuntaba en su propuesta. Esa firma recurrió ante el Tribunal Administrativo de Contratación Pública, que estimó su impugnación, anuló la exclusión de su oferta y dispuso que continuase la tramitación de la licitación.

Esproade presentó sus últimas alegaciones a finales de agosto. Pero ahora la Xunta de Goberno Local decide «suspender cautelarmente a tramitación co citado procedemento mentres se resolve sobre a declaración de lesividade e a revisión dos pregos».

Esta propuesta, firmada por el alcalde Martiño Noriega, se basa en dos informes: uno de la consultora Pilot y otro de la asesoría jurídica municipal. En ambos se asume que en los pliegos utilizados para licitar el servicio se contenían errores que impedían la subrogación de su personal, 23 profesionales. En concreto, en los pliegos elaborados por la empresa Galivalia en colaboración con el Departamento Municipal de Educación, datados el 26 de febrero de este año, se valoraba el servicio en 425.848,83 euros al año, se indicaban 10.970 las horas máximas de docencia y un precio de 38,82 euros por hora. Pero había una «incorrecta avaliación dos custos asociados ao contrato, do número de horas docentes e do prezo/hora», que deberían ser 497.632,93 euros, 9.083 horas y 54,78 euros por hora, respectivamente.

Ante estos datos, la evidencia de haber comenzado el curso con normalidad esta semana y por buscar garantizar a la comunidad educativa del centro la continuidad y regularidad de la Escola Municipal de Música «en condicións de normalidade», según especifica la propuesta del alcalde, se acordó iniciar la «declaración de lesividade». Aunque se concluye que el Concello está legitimado para «desistir da licitación no caso de que aínda non se adxudicase o citado contrato», se consideró mejor esa solución.

Martiño Noriega explicó ayer la situación en una reunión con dos docentes de la plantilla y un portavoz de la CIG, sindicato que les representa laboralmente. La plantilla está convocada a una asamblea hoy para valorar este acuerdo y adoptar decisiones”.

Unha vez coñecidos estes feitos, o despacho de avogados GALIVALIA S.L tivo acceso ao contido completo do acordo da Xunta de Goberno Local de data 13 de setembro de 2018 no que se propón o inicio do referido procedemento administrativo de declaración de lesividade dos PCAP e dos PPT do contrato de servizo da Escola municipal de Música.

Examinado o contido do referido Acordo, este despacho profesional entende que no mesmo se verquen afirmacións que comprometen a honorabilidade e o bo facer do persoal técnico que presta servizos na referida firma profesional; entidade que leva máis de dez anos asesorando a máis de trinta concellos galegos e demais institucións públicas, así como a diversas empresas do sector privado, polo que se ve na obriga, de forma absolutamente excepcional e ante a falla de lealdade institucional do Concello de Santiago de Compostela -con quen leva mantido unha intensa colaboración profesional ao longo desta lexislatura-, de clarificar os extremos que de seguido se relacionan:

I.- No mes de xuño do ano 2017 polo Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago de Compostela se encargou, a este despacho profesional, a elaboración dos pregos reguladores da referida licitación, así como unha memoria económica para a determinación dos custos asociados á referida contratación.

Froito dun detallado exame da documentación achegada polo departamento municipal de Educación (circunstancias actuais da prestación do servizo, cuadrantes horarios da carga lectiva, contratos subscritos polo persoal municipal, etc) e con absoluta observancia das directrices marcadas polo referido departamento en relación coa configuración da organización, proposta educativa e demais particulares da calidade do servizo (necesaria apertura do servizo nos 12 meses do ano, control da prestación do servizo, e ampliación do mesmo ao máximo número de usuarios posible), se elaboraron, tanto a proposta de pregos reguladores da licitación, como a memoria económica do custe asociado á referida contratación. Todos estes documentos foron informados favorablemente polos departamentos de contratación, asesoría xurídica e intervención municipais, documentos que sufriron, así mesmo, diversos cambios no seu contido como consecuencia dos trámites administrativos municipais. Entre estes cambios se atopa, precisamente, a imposición no prego, como criterio de adxudicación do contrato dependente dunha fórmula matemática, de “a subrogación do persoal actualmente afecto á prestación do servizo”, criterio que foi incluído no prego por decisión expresa da asesoría xurídica municipal, tras ser advertida por Galivalia, en múltiples ocasións (tanto verbalmente como por escrito), da inviabilidade legal de impor no prego a obriga de subrogación do persoal naqueles supostos, como o analizado, no que o convenio colectivo que lle está a ser de aplicación ao persoal ou unha Lei, non o prevexan expresamente.

II.- Particularidades do contrato actualmente vixente do servizo da Escola Municipal de Música, adxudicado no ano 2013:

1.- No contrato actual (pregos do ano 2013), o prezo de licitación estableceuse a tanto alzado. O adxudicatario percibe o importe das taxas abonadas polos usuarios e o Concello paga a diferenza respecto do custe real do servizo (o Concello veu pagando un total de 193.000€ cada ano, sendo o importe global a percibir polo adxudicatario, sumadas as taxas, de 413.000 euros). Así, o Concello vén abonando unha cantidade mensual contra a presentación da correspondente factura.

2.- O prego actual (2013) prevé a aplicación do Convenio Colectivo de centros concertados, cando non é función do prego tal previsión e máxime cando ese Convenio non é o aplicable (sería aplicable o Convenio Colectivo estatal para os centros de ensinanza de perruquería e estética, de ensinanzas musicais e artes aplicadas e oficios artísticos –BOE 4 de outubro de 2013–). O convenio de ensinanzas privadas sostidas con fondos públicos, se ben é máis beneficioso en termos económicos (máis salarios e menor carga docente anual), non prevé a obriga de subrogación do persoal no caso de sucesión de contratas (si o prevé, pola contra, o de ensinanzas musicais non regradas, aínda que economicamente é menos favorable).

Nesta tesitura, e aínda cando non sería unha responsabilidade do Concello a derivada das relacións laborais adscritas á contrata, optouse no novo prego por manter as retribucións actuais do persoal (aínda que non se computarían as percepcións por incentivos, dado que non son retribucións estruturais e tampouco outras nóminas sufragadas de diverso persoal a nivel xerencial, por non ser persoal directamente afecto á prestación do servizo).

3.- Como se dixo, e así se fai constar tamén expresamente no acordo da Xunta de Goberno Local, pola entidade Galivalia se advertiu de forma insistente do problema da subrogación do persoal, posto que o convenio colectivo que se lles está a aplicar aos traballadores non o prevé, de xeito obrigado, para o suposto de sucesión de contratas. Se plantexou ao departamento de contratación e á dirección da asesoría xurídica a posibilidade de impor, no prego a obriga de subrogación, tendo en conta que, baixo a vixencia da Lei de contratos anterior (RD 3/2011-TRLCSP),  esta prohibición non existía. Dende o servizo de contratación non se acolleu esta posibilidade e se decidiu, motu proprio, incluír como criterio de adxudicación automático (20 puntos) a oferta de subrogación do persoal.

A nova LCSP xa prohibe expresamente a subrogación imposta vía pregos, e só a permite se o establece a Lei ou o convenio colectivo de aplicación.

4.- As dinámicas actuais do servizo, unha vez analizado con detalle o número de horas de clase impartidas, as xornadas dos profesores previstas en contrato e os salarios percibidos (moitos deles perciben beneficios, incentivos e complementos salariais fóra de convenio), poñen de manifesto que a carga docente que vén asumindo o persoal adscrito ao servizo, segundo datos facilitados polo Departamento de Educación foi, no curso 2017/2018, de preto de 8000 horas, cando a carga horaria máxima (tendo en conta as previsións do convenio colectivo de ensinanzas concertadas), chegaría a un total de 10.970 horas.

III.- O contido da memoria económica e dos pregos que o Concello quere anular:

1.- A nova contratación detalla o custe efectivo do servizo e fixa o importe da licitación mediante un prezo unitario, o prezo/hora de servizo lectivo, entendendo por hora de servizo lectivo aquelas destinadas exclusivamente á realización de actividades de carácter docente e nas que participe o alumnado matriculado nas distintas actividades organizadas no servizo da Escola Municipal de Música.

Para determinar a oferta de horas de prestación do servizo durante un ano, o expediente de contratación (memoria económica) parte da análise da capacidade docente de cada un dos profesores adscritos ao servizo, determinando así (en función da xornada prevista nos contratos de traballo) o número máximo de horas que cada un dos profesionais pode impartir. En todo caso, aplicouse a redución docente prevista no artigo 26 do VI Convenio Colectivo de Ensinanzas privadas sostidas con fondos públicos (73,53% docente e 26,47% destinada a outras actividades) e o límite máximo de 850 horas docentes anuais. Así mesmo, e pese ao carácter non regrado do ensino impartido na EMM, o contrato ten respectado igualmente a redución semanal de horas lectivas aplicable ao director e ao xefe de estudos nos termos do previsto na Orde do 22 de xullo de 1997 da Xunta de Galicia, e isto porque dita redución vén sendo aplicada na actualidade no servizo.

2.- Por outro lado, incrementarase a carga horaria do persoal adscrito ao centro para o desenvolvemento de funcións administrativas e de conserxería, aos que expresamente se lles encomendarán funcións de atención ao alumnado e ás familias, así como o control de acceso e vixilancia do alumnado nas instalacións (pasan a xornada completa). De toda esta información se deu conta aos diversos responsables do goberno municipal.

Conclusión: A capacidade docente do persoal adscrito na actualidade ao servizo é de 10.970,51 horas/ano.

En relación co servizo actualmente vixente, o novo contrato prevé un incremento da carga lectiva de 3.970 horas lectivas, ao ser configurado o servizo como de prestación nos 12 meses do ano.

–          Prezo/hora servizo lectivo: 38,82€

–          Máximo horas anuais do servizo: 10.970

–          Coste máximo licitación/ano: 425.848,83€

3.- Tal e como se desprende da memoria económica do servizo elaborada por Galivalia, na determinación do prezo/hora lectiva se inclúen os gastos de persoal docente e non docente (administrativo e de conserxería), os gastos correntes así como os demais gastos derivados da íntegra prestación do servizo da Escola Municipal de Música. Mantivéronse as condicións económicas do persoal docente actualmente adscrito ao servizo (salvo os incentivos ou produtividades por canto non se consideran dereitos económicos consolidados) e os gastos do persoal administrativo e de conserxería que se computan a xornada completa (ata agora a xornada era do 90%). O convenio que se toma como referencia para o cálculo dos gastos de persoal é, aínda que non é aplicable, como dixemos, o VI Convenio colectivo de ensinanzas privadas sostidas con fondos públicos, asimilando ao persoal docente, a efectos salariais, aos profesores do corpo de educación primaria.

Obviamente, non se incluíron como gastos computables, os gastos do persoal xerencial da mercantil adxudicataria por canto, como se dixo, non é persoal afecto á prestación do servizo docente. Así mesmo, xulgouse excesivo incluír na memoria económica un custe de asesoría (da empresa licitadora) de 10.793,23€, tendo en conta as características do servizo e o número de traballadores adscritos ao mesmo. Igualmente, considerouse como beneficio industrial que correspondería aplicar á contrata, o importe do 5% do total do custe do servizo (mesma porcentaxe que se establece en contratos similares e, ademais, o establecido por ese Concello na licitación do servizo de axuda no fogar, no servizo de oficina técnica do proxecto Smartiago, no servizo da posta en marcha dos orzamentos participativos e no programa municipal de inserción social, entre outros. Na maioría destes procedementos, a memoria económica foi elaborada por persoal municipal).

O informe da empresa Pilot, que cuestiona o informe económico de Galivalia, considera que o custe da licitación debe incrementarse na cifra que sinalan -71.784,6€- (497.632,93€ fronte ao establecido no informe de Galivalia, de 425.848,33€) porque incorpora unha relevante contía de gastos de asesoramento da empresa, porque obvia as reservas establecidas por esta mercantil en canto aos gastos de persoal asumibles polo Concello e porque computa, a diferenza do que ocorre na práctica totalidade dos contratos licitados polo Concello, un beneficio industrial do 11%, beneficio excesivo, a xuízo desta mercantil, nos tempos que corren.

Polo demais, tamén resulta sorprendente o feito de que esta empresa (Pilot), tal e como refire o acordo da XGL, teña efectuado, dende o ano 2016, un total de 3 informes económicos sobre este particular, fixándose, en cada un deles, un custe do servizo totalmente diferente (441.888,68€ nun primeiro informe do ano 2016, 469,250,16€ nun informe emitido no mes de novembro de 2016 e no informe emitido en xullo de 2018, fixa o custe do servizo nun total de 497.632,93€).

4.- Cómpre recordar que á presente licitación si se presentou unha empresa que aceptou asumir o servizo cunha baixa no prezo, a empresa ESPROADE SL, empresa que, polo demais, está especializada na prestación de servizos desta natureza, pois é a actual adxudicataria do contrato do servizo da escola de música, entre outros, do Concello de Arteixo, contrato adxudicado por un importe de 178.449€/ano e cun límite máximo de 7.869 horas (é dicir, un prezo/hora de 22,6€).

Cómpre referir tamén que o prezo/hora do servizo da Escola municipal de Música de Brión, servizo de referencia na comarca de Santiago de Compostela, xestionada tamén de forma indirecta, está establecido en 22,90€.

IV.- Sobre o resto de irregularidades do prego establecidas no acordo da XGL.-

Finalmente o acordo da XGL considera irregular a cláusula 9 do PCAP, que establece que “a aplicación da baixa aos prezos unitarios repercutirá nun maior número de horas de prestación do servizo ou na prestación do servizo a un maior número de persoas usuarias”.

Idéntica cláusula se contén nos pregos reguladores da contratación do SAF (cláusula 6 dos PCAP) sen que polo goberno municipal se teña plantexado a anulación, desistimento ou declaración de lesividade do referido expediente de contratación por tal motivo.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2018.

O EQUIPO DE GALIVALIA AVOGADOS

NOVAS OFICINAS

Prezados clientes e amigos:

O equipo de Galivalia avogados traslada o seu domicilio á cidade de Santiago de Compostela e, a partires do próximo día 27 de agosto, estaremos encantados de atendelo/a nas nosas novas oficinas sitas na Rúa Carreira do Conde, 12-13, 15701 de Santiago de Compostela.

 

 

O CONCELLO DE BERGONDO APROBA A SÚA PRIMEIRA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO (RPT)

O Concello de Bergondo chegou  a un acordo unánime para aprobar a súa primeira Relación de Postos de Traballo (RPT), dando así por finalizado o proceso de negociación colectiva aberto para ese efecto.

Na Mesa Xeral de Negociación celebrada en data 7 de novembro de 2017 expresouse  a súa plena conformidade coa proposta do citado documento de RPT; documento que foi elaborado pola empresa Galivalia e consensuada entre o goberno municipal e os representantes dos traballadores.

Así mesmo, as partes asinantes acordaron que se prosiga coas tramitacións administrativas preceptivas para a aprobación e definitiva entrada en vigor do devandito documento.

 

HORARIO DE VERÁN 2017

Informamos que o horario das nosas oficinas desde o 15 de xullo ata o 15 de setembro será de luns a venres de 9:00 horas a 15:00 horas.

Así mesmo, informamos que desde o 1 de agosto ata o 16 de agosto (ambos incluídos) as nosas oficinas permanecerán pechadas por vacacións.

 

ACORDO NO CONCELLO DO CARBALLIÑO PARA APROBAR O SEU PRIMEIRO CONVENIO COLECTIVO E ACORDO REGULADOR

A Mesa Xeral de Negociación do Concello do Carballiño, na sesión celebrada en data 10 de xullo de 2017, alcanzou un acordo sobre a proposta do novo Acordo Regulador das condicións de traballo do persoal funcionario e a proposta do novo Convenio Colectivo do persoal laboral, dando así por finalizado o proceso de negociación colectiva aberto para ese efecto.

Así mesmo, as partes acordan que se prosiga coas tramitacións administrativas preceptivas para a aprobación e definitiva entrada en vigor dos documentos acordados, citándose para a firma dos documentos na próxima Mesa de Negociación.

 


Tel�fono 677 303 856 Galivalia

Galivalia Consulstgo S.L. Ver texto legal.