Acceso Clientes

Actualidade

ACORDO NO CONCELLO DE PONTEAREAS PARA APROBAR A SUA PRIMERA RPT, ACORDO REGULADOR E CONVENIO COLECTIVO

O Concello de Ponteareas chegou a un acordo para aprobar a súa primeira Relación de Postos de Traballo (RPT), así como o seu primeiro Acordo Regulador das condicións de traballo do persoal funcionario e un novo Convenio Colectivo do persoal laboral.

A Mesa Xeral de Negociación expresou  a súa conformidade coa proposta dos citados documentos e procedeuse á firma dos mesmos, dando así por finalizado o proceso de negociación colectiva aberto para ese efecto.

Coa aprobación dos devanditos documentos o Concello de Ponteareas situarase á vangarda dos concellos galegos no ámbito da ordenación dos recursos humanos.

 

PRIMEIRO CONVENIO COLECTIVO NO CONCELLO DE VILALBA

Os membros da Mesa Xeral de Negociación do Concello de Vilalba, na sesión celebrada en data 20 de novembro de 2018, expresaron a súa plena conformidade coa proposta do novo Convenio Colectivo do persoal laboral, dando así por finalizado o proceso de negociación colectiva aberto para ese efecto.

O novo Convenio Colectivo suporá, entre outros obxectivos, unha homoxeneización xeral das condicións laborais do persoal laboral municipal, aos que se lles viña aplicando diferentes condicións, reguladas nos distintos convenios colectivos sectoriais, por carecer este Concello de convenio colectivo propio.

 

DIRECCIÓN NOVAS OFICINAS

Preciados clientes e amigos:

El equipo de Galivalia avogados informa que xa está traballando nas súas novas oficinas sitas en Rúa Carreira do Conde, 12-13, piso 1º B, 15701 de Santiago de Compostela.

 

APROBADA A PRIMEIRA RPT DO CONCELLO DE FISTERRA

Unha vez finalizado o proceso de negociación colectiva aberto, no Concello de Fisterra, ao obxecto da elaboración dun novo Organigrama e Relación de Postos de Traballo (RPT), que ten rematado co acordo das partes, e no que a empresa GALIVALIA AVOGADOS E CONSULTORES ten participado, con carácter de asesor e consultor, o Pleno da Corporación acordou a aprobación do referido documento de RPT.

 

O CONCELLO DO CARBALLIÑO ACORDA A SUA PRIMEIRA RPT

O pleno do Concello do Carballiño acordou aprobar a súa primeira Relación de Postos de Traballo (RPT), documento de carácter esencial para a ordenación dos recursos humanos e que suporá unha mellora nas condicións de traballo dos empregados municipais e  a súa optimización.

Dito documento foi elaborado pola empresa Galivalia e consensuada entre o goberno municipal e os representantes dos traballadores municipais.

 


Tel�fono 677 303 856 Galivalia

Galivalia Consulstgo S.L. Ver texto legal.