Acceso Clientes

Actualidade

O CONCELLO DE TOMIÑO APROBA INICIALMENTE A SÚA PRIMEIRA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO

O pleno do Concello de Tomiño, en sesión ordinaria celebrada o 20/04/2017, acordou aprobar inicialmente a súa primeira Relación de Postos de Traballo (RPT), documento que foi elaborado pola empresa Galivalia e consensuada entre o goberno municipal e os representantes dos traballadores municipais.

O citado documento, que foi publicado no BOP de Pontevedra nº 85, de data 4 de maio de 2017, someterase a un período de información pública por un prazo de 20 días hábiles, durante os cales se poderán presentar reclamacións ou alegacións.

 

GALIVALIA ELABORA OS NOVOS PREGOS QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN DO SAF NO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

No marco do servizo de asistencia técnica na elaboración dos pregos técnicos e o estudo económico da nova licitación do Servizo de Axuda no Fogar, Galivalia confeccionou para o Concello de Santiago de Compostela, tras o correspondente proceso de estudo, análise e revisión, os seguintes documentos:

  • Folla de Especificacións/Cadro de Características do Prego de cláusulas administrativas particulares.
  • Consideracións a incluír no Prego de cláusulas administrativas particulares.
  • Prego de Prescricións Técnicas.
  • Memoria Económica da licitación.

 

O CONCELLO DE BETANZOS XA CONTA CUN NOVO ACORDO REGULADOR E CONVENIO COLECTIVO

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou no BOP da Coruña nº 62, do 31 de marzo de 2017 e no BOP da Coruña nº 66, do 6 de abril de 2017, o novo texto de Acordo Regulador das condicións de traballo do persoal funcionario e o novo texto de Convenio Colectivo do persoal laboral do Concello de Betanzos, respectivamente.

Coa publicación de ditos documentos, que foron elaborados pola empresa Galivalia e negociados cos representantes dos traballadores municipais, o Concello logra alcanzar os seguintes obxectivos principais:

  • A homoxeneización xeral das condicións laborais dos empregados municipais.
  • A fixación dun compendio dos dereitos, deberes e normas laborais.
  • A racionalización da estrutura profesional e da retribución do persoal laboral.
  • A aplicación das novidades normativas e adecuación ao marco legal vixente.

 

PUBLICADA A PRIMEIRA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE ARES

O Concello de Ares publicou no BOP da Coruña nº 62, do 31 de marzo de 2017, o anuncio de aprobación definitiva da súa primeira Relación de Postos de Traballo (RPT).

Dito instrumento de xestión de persoal, que resulta obrigatorio tal e como recolle o artigo 90.2 da Lei 7/1985 LRBRL e o artigo 74 do TREBEP, foi elaborado pola empresa Galivalia e consensuada entre o goberno municipal e os representantes dos traballadores municipais.

 

 

HORARIO DE VERÁN 2016

 

INFORMAMOS QUE DENDE O 1 DE AGOSTO ATA O 15 DE AGOSTO (AMBOS INCLUÍDOS) AS NOSAS OFICINAS ESTARÁN PECHADAS POR VACACIÓNS.

ASÍ MESMO, INFORMAMOS QUE O HORARIO DAS NOSAS OFICINAS DENDE O 16 DE AGOSTO ATA O 31 DE AGOSTO SERÁ DE LUNS A VENRES DE 9:00 HORAS A 15:00 HORAS.

 

 


Tel�fono 677 303 856 Galivalia

Galivalia Consulstgo S.L. Ver texto legal.