A presente Lei regula o uso das novas tecnoloxías na Administración de Xustiza. Os principais obxectivos desta norma, son: primeiro, actualizar o contido do dereito fundamental a un proceso público sen dilacións indebidas, gracias á axilización que permite o uso das tecnoloxías nas comunicacións; segundo, xeralizar o uso das novas tecnoloxías para os profesionais da xustiza; terceiro, definir nunha norma con rango de lei o conxunto de requisitos mínimos de interconexión, interoperabilidade e seguridade necesarios no desenvolvemento dos diferentes aplicativos utilizados polos actores do mundo xudicial, a fin de garantir a seguridade na transmisión dos datos e cantas outras esixencias se conteñan nas leis procesais.