Blog

APROBADA A PRIMEIRA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DO PORRIÑO

O Pleno do Concello do Porriño, en sesión ordinaria celebrada o 30/10/2019, acordou aprobar definitivamente a súa primeira Relación de Postos de Traballo (RPT).

O dito instrumento de xestión de persoal, que resulta obrigatorio tal e como dispón o art. 90.2 da Lei 7/1985 (LRBRL), e o art. 74 do TREBEP, foi elaborado pola empresa Galivalia e consensuado entre o goberno municipal e os representantes dos traballadores.