Blog

APROBADA A PRIMEIRA RPT DO CONCELLO DE NIGRÁN

O pleno do Concello de Nigrán acordou a aprobación definitiva da súa primeira Relación de Postos de Traballo (RPT), documento que foi elaborado por Galivalia e consensuado entre o Goberno municipal e os representantes dos traballadores municipais.

A aprobación da nova RPT supón un fito histórico para este Concello, por ser a primeira que afecta a todo o persoal, tanto funcionario coma laboral.