Blog

APROBADA A RPT DA MANCOMUNIDADE DA TERRA CHÁ

A Xunta Plenaria da Mancomunidade de Municipios da Terra Chá acordou en sesión celebrada o 27 de decembro de 2023 a aprobación inicial da súa Relación de Postos de Traballo (RPT). O devandito documento foi elaborado pola empresa Galivalia, e consensuada entre a Administración e os representantes sindicais dos empregados da Mancomunidade, sen que se presentasen alegacións ao documento inicialmente aprobado pola Administración, polo que o acordo aprobatorio foi elevado a definitivo.

A RPT definitiva agora aprobada expón o organigrama da Mancomunidade, relacionando os postos de traballo xunto co salario que corresponde a cada posto e as súas funcións.

A aprobación da RPT non implica só unha mellora para o persoal ao realizarse unha correcta valoración dos postos de traballo existentes, respectando dereitos adquiridos e consolidados polos empregados públicos, senón tamén a creación de novos postos. Todo o anterior, sumado á adaptación do organigrama administrativo ás circunstancias actuais, fai que a RPT contribúa a unha mellora no funcionamento dos servizos e da Mancomunidade de Municipios da Terra Chá.