Blog

APROBADA A RPT DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

O Pleno do Concello de Vilagarcía de Arousa acordou en sesión celebrada o pasado 28 de outubro de 2022 a aprobación definitiva da Relación de Postos de Traballo (RPT). O devandito documento foi elaborado pola empresa Galivalia, e consensuada entre o Goberno municipal e os representantes sindicais dos empregados do Concello.

 

Resoltas as alegacións formuladas ao documento presentado inicialmente no mes de marzo, a RPT definitiva agora aprobada expón o organigrama do Concello, relacionando os postos de traballo xunto co salario que corresponde a cada posto e as súas funcións.

 

A aprobación da RPT non implica só unha mellora para o persoal ao realizarse unha correcta valoración dos postos de traballo existentes, respectando dereitos adquiridos e consolidados polos empregados municipais, senón tamén a creación de novos postos. Todo o anterior, sumado á adaptación do organigrama municipal ás circunstancias actuais, fai que a RPT contribúa a unha mellora no funcionamento dos servizos e da Administración local de Vilagarcía.