Acceso Clientes

Actualidade

Xabier Ferreira: “Incluir concelleiros non electos en Santiago non é a solución para evitar a corrupción”

Experto en administracións locais, dirixe o grupo de investigación en Dereito das Administracións e dos entes do sector público e é profesor titular na facultade de Dereito da Universidade compostelana. Xabier Ferreira coñece, ademais de primeira man a realidade municipal na nosa comarca xa que é socio asesor de Galivalia, un despacho de abogados que asesora en temas de dereito administrativo a concellos como Brión, Teo ou Ames. 

http://www.santiagosiete.es/articulo/2013/08/xabier-ferreira-incluir-concelleiros-non-electos-en-santiago-non-e-solucion-evitar-

 

NOVO CONVENIO COLECTIVO NO CONCELLO DE CAMBADOS

As negociacións entre os delegados dos empregados municipais e o alcalde, Luís Aragunde, chegaron a bo porto. Segundo Manuel Duarte, de Comisións Obreiras, tras seis anos de reunións de traballo e adiamentos, o convenio colectivo está redactado, recibiu o visto e prace do secretario municipal e asinarase próximamente.

Outro dos obxectivos dos sindicatos era modificar a Relación de Postos de Traballo (RPT) para a catalogación dos postos de traballo que, xa no seu momento, non obtivo o respaldo da totalidade do persoal. Xa anunciara Aragunde no último Pleno da Corporación municipal que contrataron á empresa Galivalia Consulstgo SL para que realice este labor.

http://cxusto.blogspot.com.es/2012/09/novo-convenio-colectivo-no-concello-de.html

 

 

AVANZAN OS TRABALLOS PARA ELABORAR A RPT DO CONCELLO DE CALDAS DE REIS EN COLABORACIÓN COA EMPRESA GALIVALIA

O Concello de Caldas de Reis continúa dando pasos de cara á elaboración da relación de postos de traballo (RPT). A empresa que se encarga das tarefas, Galivalia, xa entregou ao Executivo local unha proposta en base á información recopilada entre os propios traballadores municipais, aos que se pediu que cubriran un formulario indicando o tipo de tarefas que teñen encomendadas.

http://www.diariodearousa.com/articulo/ulla-umia/avanzan-los-trabajos-para-elaborar-la-rpt-del-concello/20130201001604009620.html

 

 

Entra en vigor o novo organigrama laboral de Brión ao non recibir alegacións

Os cambios na Relación de Postos de Traballo elaborada polo Concello de Brión baixo o asesoramento de Galivalia S.L., negociados en decembro do ano pasado entre o Concello e os representantes sindicais, entrou en vigor despois de que o Boletín Oficial da Provincia (BOP), publicase o contido do acordo. … continuar lendo

Só 60 dos 315 alcaldes galegos fusionarían o seu concello con outro

O 81 % resístense a unir concellos e unha ampla maioría preferirían mancomunar servizos.

Só 60 dos 315 alcaldes galegos estarían dispostos a fusionar o seu concello con outro ou valorarían esa medida se fora a supor a saída á crise das arcas locais e unha mellor prestación de servizos. … continuar lendo


Tel�fono 677 303 856 Galivalia

Galivalia Consulstgo S.L. Ver texto legal.