Acceso Clientes

Actualidade

DOSIER COVID-19 ENTIDADES LOCAIS

Galivalia pon á súa disposición unha selección de normativa e principais medidas de  interese para as entidades locais, derivadas da situación de crise sanitaria provocada polo Covid-19.

DOSIER COVID19 ENTIDADES LOCALES

 

ACORDO NO CONCELLO DE ARANGA PARA APROBAR A SÚA PRIMEIRA RPT, ACORDO REGULADOR E CONVENIO COLECTIVO

O Concello de Aranga chegou a un acordo para aprobar a súa primeira Relación de Postos de Traballo (RPT), así como o seu primeiro Acordo Regulador das condicións de traballo do persoal funcionario e o seu primeiro Convenio Colectivo do persoal laboral.

A Mesa Xeral de Negociación expresou a súa plena conformidade coa proposta dos citados documentos e procedeuse á firma dos mesmos, dando así por finalizado o proceso de negociación colectiva aberto para ese efecto.

Así mesmo, as partes asinantes acordaron que se prosiga coas tramitacións administrativas preceptivas para a aprobación e definitiva entrada en vigor dos documentos.

 

HORARIO DE VERÁN 2016

 

INFORMAMOS QUE DENDE O 1 DE AGOSTO ATA O 15 DE AGOSTO (AMBOS INCLUÍDOS) AS NOSAS OFICINAS ESTARÁN PECHADAS POR VACACIÓNS.

ASÍ MESMO, INFORMAMOS QUE O HORARIO DAS NOSAS OFICINAS DENDE O 16 DE AGOSTO ATA O 31 DE AGOSTO SERÁ DE LUNS A VENRES DE 9:00 HORAS A 15:00 HORAS.

 

 

FELICES FESTAS

Dende o equipo de Galivalia queremos desexarvos a todos unhas felices festas e un prospero ano novo para que o próximo ano 2015 veña cargado de éxitos e novas oportunidades, tal e como aconteceu neste ano 2014, no cal o equipo de Galivalia consegiu levar a cabo neste final de ano, entre outros, os seguintes procesos:

– Publicación do Convenio Colectivo e Acordo Regulador no Concello de Bueu

– Firma de Relación de Postos de Traballo no Concello de Caldas de Reis

– Modificación da Relación de Postos de Traballo no Concello de Cambados

– Firma do Convenio Colectivo e Acordo Regulador no Concello de Ribadeo

– Firma do Convenio Colectivo da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG)

 

O CONCELLO DE FENE XA CONTA CUNHA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO

O Concello de Fene aprobou no pleno ordinario, celebrado na primeira semana de outubro,  o Organigrama e a Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello. O documento foi redactado pola empresa Galivalia, contratada para o efecto, e consensuada entre o goberno municipal e os sindicatos con representación municipal: CIG, CCOO e UGT.

En palabras do Alcalde culmínase de forma exitosa a aposta decidida que o actual goberno municipal realiza no ámbito da modernización e racionalización administrativa, así como da ordenación dos recursos humanos no Concello. Aínda que por parte do goberno anterior houbo un intento de elaborar unha RPT que resultou infrutuosa, é esta a primeira vez que se elabora e se aproba un documento deste tipo.

Fonte:  http://www.tvferrol.es/es/noticia.php?n=4391


Tel�fono 677 303 856 Galivalia

Galivalia Consulstgo S.L. Ver texto legal.