Acceso Clientes

Actualidade

O TSXG DESESTIMA O RECURSO DO CONCELLO CONTRA A ANULACIÓN XUDICIAL DO DESPIDO DUNHA TRABALLADORA

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de desestimar o recurso de súplica interposto polo Concello de A Estrada en contra da sentencia do Xulgado do Social Número 2 de Pontevedra que declaraba nulo o despido da traballadora Ana Ferradáns e condenaba ao Concello a readmitila nas mesmas condicións que tiña antes de dito despido así como aboarlle os salarios de tramite dende a data de despido ata a de readmisión.

Este fallo xudicial condena en costas ao Concello, que deberá pagar 300 euros en concepto de honorarios da letrada da traballadora, Gloria Zúñiga Rial.

http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2013/05/01/tsxg-desestima-recurso-concello-anulacion-judicial-despido-trabajadora/801626.html

MARTES 19 DE MARZO FESTIVO LOCAL NO CONCELLO DE AMES

Martes 19 de marzo de 2013 as nosas oficinas permanecerán pechadas por ser festivo local no Concello de Ames.

Recorden que se teñen calquer urxencia poden poñerse en contacto connosco a través do correo electrónico: administracion@galivalia.com

 

O CONCELLO DE RIBADUMIA APROBA A RPT E O CONVENIO COLECTIVO

FIRMA RIBADUMIA

O Concello de Ribadumia acaba de aprobar o organigrama, a RPT, o Convenio Colectivo e o Acordo Regulador das condicións de traballo do persoal funcionario. Os tres documentos foron redactados pola empresa Galivalia  Consulstgo S.L. e foron consensuados cos sindicatos con representación no Concello: CCOO, UGT, CSIF e CIG. Os acordos entrarán en vigor unha vez sexan ratificados polo pleno deste xoves 7 de febreiro.

  http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2013/03/04/concello-ribadumia-aprueba-relacion-puestos-trabajo-convenio-colectivo/00031362413355064735957.htm

 

 


Tel�fono 677 303 856 Galivalia

Galivalia Consulstgo S.L. Ver texto legal.