Blog

ENTRA EN VIGOR O NOVO ORGANIGRAMA LABORAL DE BRIÓN AO NON RECIBIR ALEGACIÓNS

Os cambios na Relación de Postos de Traballo elaborada polo Concello de Brión baixo a asesoría de Galivalia Avogados e Consultores, negociados en dececmbro do ano pasado entre o Concello e os representantes sindicais, entraron en vigor logo da publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do contido do acordo.

Segundo as estimacións do goberno local brionés, os cambios, xa oficiais, na Relación de Postos de Traballo (RPT), suporán un aforro de máis de 150 000 euros anuais. Nesta contía inclúense cortes reais de gasto e outros estimados, xa que un dos cambios na RPT conleva a non convocatoria de prazas pendentes, que ata o de agora tiñan consignación orzamentaria pero que non era gastada ao non estaren cobertas.

Maior reparto de tarefas.

O goberno local explica o novo marco laboral sinalando que «a RPT aposta pola polivalencia, flexibilidade e amplitude funcional dos postos de traballo». Un exemplo é a cobertura de baixas maternais/paternais repartindo o traballo entre o persoal, ademais da restruturación de departamentos coma os de Intervención e Urbanismo.

As modificacións foron aprobadas no Pleno de decembro do ano pasado cos votos a favor do goberno local (PSOE), o voto en contra do PP, e a abstención do BNG.

Fonte (tradución propia ao galego): La Voz de Galicia

Modificación RPT Concello de Brión