Acceso Clientes

Actualidade

Mantéñase ó día da actualidade de Galivalia e do noso sector

GALIVALIA INICIA UN NOVO PROXECTO NO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

Tal e como informa o Faro de Vigo, Galivalia encargarase de redactar a nova Relación de Postos de Traballo do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Coa adxudicación deste contrato o goberno local cumpre o compromiso adquirido co persoal municipal de levar a cabo a necesaria RPT para poder ordenar de maneira eficiente os recursos humanos da administración local e resolver as carencias e demandas dos distintos departamentos e traballadores.

O prego de licitación establece tres fases. A primeira que abarca tres meses, consistirá na análise e deseño da organización municipal. A segunda fase realizarase noutros 3 meses e centrarase na realización do catálogo de postos de traballo. A terceira e última fase nos últimos 6 meses servirá para a valoración dos postos, que será exposta á mesa de negociación.

Fonte: Faro de Vigo

 


Tel�fono 677 303 856 Galivalia

Galivalia Consulstgo S.L. Ver texto legal.