Blog

Galivalia, pioneira na fusión de corpos de policía local xunto cos concellos de Ames e Brión

Os concellos de Ames e Brión serán os primeiros de España en unificar os servizos de Emerxencias, Protección Civil e Policía Local, unha iniciativa pioneira que pretende acadar unha mellora na prestación e na cobertura dos servizos de seguridade de ambos concellos.

Xavier Ferreira, Carlos Fernández e José Luis García na presentación do proxecto.

Galivalia, da man do Profesor de Dereito Administrativo Xavier Ferreira, foi a encargada de elaborar o proxecto técnico que permita a posta en marcha desta iniciativa de fusión dos servizos de seguridade e emerxencias dos concello de Ames e Brión.

A proposta, presentada en rolda de prensa por Carlos Fernández e José Luis García, rexidores dos concellos de Ames e Brión, tivo unha excelente acollida nos medios de comunicación tanto autonómicos como nacionais, que destacaron o carácter pioneiro da medida, que permite maximizar os recursos dispoñibles ao mesmo tempo que supón un aforro considerable para ambas administracións.

A Xunta de Galicia, pola súa parte, mostrou o seu apoio ao proxecto de colaboración entre ambos municipios.
O Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, destacou «a importancia de que os distintos concellos de Galicia cooperen en diversas materias para prestar os mellores servizos». Rueda confirmou igualmente, que a Xunta primará as liñas de axuda ás entidades locais que leven a cabo iniciativas como as desenvoltas entre Ames e Brión.

Galivalia continuará desenvolvendo, nos próximos meses, o proxecto técnico que permita a posta en marcha da fusión dos corpos de Policía Local e Emerxencias dos Concellos de Ames e Brión.

Prensa:

La Voz de Galicia

La Voz de Galicia

El Correo Gallego

El Correo Gallego

La Opinión

Galicia Hoxe

El País

ABC

Europapress