Acceso Clientes

Quensomos

Somos unha empresa especializada na prestación de servizos de asesoramento técnico-xurídico nos seguintes ámbitos de actuación: laboral, fiscal, contratación administrativa, xestión de emprego público, xestión de recursos humanos e negociación colectiva, asesoramento a administracións públicas, asesoramento xurídico xeral.

Trato personalizado

Prestamos atención personalizada e servizos adaptados ás necesidades da túa organización.
Adaptamos os nosos servizos e produtos ás túas necesidades para dar unha resposta específica e eficaz.

Reciba asesoramento técnico especializado

Prestamos asesoramento especializado para axudarlle a solucionar os problemas da súa organización e mellorar o seu funcionamento. Contamos con persoal técnico especializado en múltiples disciplinas, así como cun amplo grupo de asesores especialistas do eido universitario, o que nos permite prestar servizos de calidade en diversos ámbitos materiais.

Aumente os seus recursos

Ampliamos as fontes de financiamento da súa organización facilitándolle o acceso a contratos con administracións públicas. Na actual época de crise económica traballamos dende unha perspectiva innovadora, buscando recursos para a túa organización, diversificando as túas fontes de financiamento e sondeando novos mercados e nichos de negocio.

Actualidade

  • VERÁN 2019

    Informamos que as nosas oficinas permanecerán pechadas por vacacións ata o 26 de agosto.

    Para calquera cuestión, poden deixarnos unha mensaxe na seguinte dirección: administracion@galivalia.com

     

  • DIRECCIÓN NOVAS OFICINAS

    Preciados clientes e amigos:

    El equipo de Galivalia avogados informa que xa está traballando nas súas novas oficinas sitas en Rúa Carreira do Conde, 12-13, piso 1º B, 15701 de Santiago de Compostela.

     

     

  • O CONCELLO DE BERGONDO APROBA A SÚA PRIMEIRA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO (RPT)

    O Concello de Bergondo chegou  a un acordo unánime para aprobar a súa primeira Relación de Postos de Traballo (RPT), dando así por finalizado o proceso de negociación colectiva aberto para ese efecto.

    Na Mesa Xeral de Negociación celebrada en data 7 de novembro de 2017 expresouse  a súa plena conformidade coa proposta do citado documento de RPT; documento que foi elaborado pola empresa Galivalia e consensuada entre o goberno municipal e os representantes dos traballadores.

    Así mesmo, as partes asinantes acordaron que se prosiga coas tramitacións administrativas preceptivas para a aprobación e definitiva entrada en vigor do devandito documento.

     

  • HORARIO DE VERÁN 2017

    Informamos que o horario das nosas oficinas desde o 15 de xullo ata o 15 de setembro será de luns a venres de 9:00 horas a 15:00 horas.

    Así mesmo, informamos que desde o 1 de agosto ata o 16 de agosto (ambos incluídos) as nosas oficinas permanecerán pechadas por vacacións.

     

  • ACORDO NO CONCELLO DO CARBALLIÑO PARA APROBAR O SEU PRIMEIRO CONVENIO COLECTIVO E ACORDO REGULADOR

    A Mesa Xeral de Negociación do Concello do Carballiño, na sesión celebrada en data 10 de xullo de 2017, alcanzou un acordo sobre a proposta do novo Acordo Regulador das condicións de traballo do persoal funcionario e a proposta do novo Convenio Colectivo do persoal laboral, dando así por finalizado o proceso de negociación colectiva aberto para ese efecto.

    Así mesmo, as partes acordan que se prosiga coas tramitacións administrativas preceptivas para a aprobación e definitiva entrada en vigor dos documentos acordados, citándose para a firma dos documentos na próxima Mesa de Negociación.

     

ver máis novas

Tel�fono 677 303 856 Galivalia

Galivalia Consulstgo S.L. Ver texto legal.