Blog

O CONCELLO DA GUARDA E OS SINDICATOS ACORDAN UN NOVO CONVENIO COLECTIVO E ACORDO REGULADOR

O Concello da Guarda acordou cos sindicatos un novo Convenio Colectivo para o persoal laboral desa Administración, que por vez primeira inclúe unha táboa salarial, así como un novo Acordo Regulador para o persoal funcionario da mesma.

Os devanditos documentos foron elaborados por Galivalia Avogados e Consultores, e consensuados entre o Executivo municipal e os representantes dos empregados do Concello. Esta sinatura, acadada tras un período de negociacións iniciado a comezos deste ano, supón a renovación dos antigos Convenios, do ano 2007.

En palabras do Alcalde, Antonio Lomba, “foi un proceso longo e complicado,  pero no que sempre estivo presente un ambiente de diálogo e de talante conciliador para chegar a bo porto, agradecer aos representantes dos sindicatos e aos representantes dos traballadores o seu traballo e os esforzos que posibilitaron  estes acordos, hai que indicar que o Convenio Colectivo para laborais acadou o voto unánime dos representantes dos traballadores e que o novo Acordo Regulador para funcionarios acadou o voto unánime dos representantes dos sindicatos.”

Finalizadas as negociacións, tan só resta a súa aprobación polo Pleno municipal e a súa posterior publicación.

Fonte: Faro de Vigo, Concello da Guarda