O Concello de Bergondo chegou a un acordo unánime para aprobar a súa primeira Relación de Postos de Traballo (RPT), dando así por rematado o proceso de negociación colectiva aberto a tal efecto.
A Mesa Xeral de Negociación celebrada o 7 de novembro de 2017, expresou a súa plena conformidade coa proposta do devandito documento da RPT, que foi elaborado pola empresa Galivalia, e consensuado entre o Goberno municipal e os representantes dos traballadores.
Do mesmo xeito, as partes asinantes acordaron proseguir coas tramitacións administrativas preceptivas para a aprobación e definitiva entrada en vigor do dito documento.