Acceso Clientes

Actualidade

Mantéñase ó día da actualidade de Galivalia e do noso sector

O CONCELLO DE BETANZOS XA CONTA CUN NOVO ACORDO REGULADOR E CONVENIO COLECTIVO

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou no BOP da Coruña nº 62, do 31 de marzo de 2017 e no BOP da Coruña nº 66, do 6 de abril de 2017, o novo texto de Acordo Regulador das condicións de traballo do persoal funcionario e o novo texto de Convenio Colectivo do persoal laboral do Concello de Betanzos, respectivamente.

Coa publicación de ditos documentos, que foron elaborados pola empresa Galivalia e negociados cos representantes dos traballadores municipais, o Concello logra alcanzar os seguintes obxectivos principais:

  • A homoxeneización xeral das condicións laborais dos empregados municipais.
  • A fixación dun compendio dos dereitos, deberes e normas laborais.
  • A racionalización da estrutura profesional e da retribución do persoal laboral.
  • A aplicación das novidades normativas e adecuación ao marco legal vixente.

 


Tel�fono 677 303 856 Galivalia

Galivalia Consulstgo S.L. Ver texto legal.