Blog

O CONCELLO DE BRIÓN APROBA UNHA NOVA RPT

O Pleno do Concello de Brión aprobou definitivamente unha nova Relación de Postos de Traballo (RPT), documento que foi elaborado pola empresa Galivalia e consensuado entre o goberno municipal e os representantes dos traballadores municipais.

A aprobación da nova RPT supón un fito histórico para este Concello, por ser a primeira que afecta a todo o persoal, tanto funcionario coma laboral.

Deste xeito, coa nova RPT establécese unha valoración de tódolos postos de traballo a efectos retributivos (tanto laborais coma funcionairos) a través do mesmo sistema obxectivo de valoración, acadando así unha racionalización da estrutura retributiva do persoal a través da homologación do sistema retributivo de persoal laboral e funcionario.