O Pleno do Concello de Caldas de Reis, en sesión ordinaria celebrada o 26/09/2019, acordou aprobar definitivamente a súa primeira Relación de Postos de Traballo (RPT), documento que foi elaborado pola empresa Galivalia, e consensuada entre o goberno municipal e os representantes dos traballadores.
O citado documento foi publicado no BOP de Pontevedra nº 194, de data 9 de outubro de 2019.