Acceso Clientes

Actualidade

Mantéñase ó día da actualidade de Galivalia e do noso sector

O CONCELLO DE FENE XA CONTA CUNHA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO

O Concello de Fene aprobou no pleno ordinario, celebrado na primeira semana de outubro,  o Organigrama e a Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello. O documento foi redactado pola empresa Galivalia, contratada para o efecto, e consensuada entre o goberno municipal e os sindicatos con representación municipal: CIG, CCOO e UGT.

En palabras do Alcalde culmínase de forma exitosa a aposta decidida que o actual goberno municipal realiza no ámbito da modernización e racionalización administrativa, así como da ordenación dos recursos humanos no Concello. Aínda que por parte do goberno anterior houbo un intento de elaborar unha RPT que resultou infrutuosa, é esta a primeira vez que se elabora e se aproba un documento deste tipo.

Fonte:  http://www.tvferrol.es/es/noticia.php?n=4391


Tel�fono 677 303 856 Galivalia

Galivalia Consulstgo S.L. Ver texto legal.