Blog

O CONCELLO DE TOMIÑO APROBA INICIALMENTE A SÚA PRIMEIRA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO

O Pleno do Concello de Tomiño, en sesión ordinaria do 20/04/2017, acordou aprobar inicialmente a súa primeira Relación de Postos de Traballo (RPT), documento que foi elaborado pola empresa Galivalia e consensuada entre o Goberno municipal e os representantes dos traballadores municipais.

O antecitado documento, que foi publicado no BOP de Pontevedra nº 85, de data 4 de maio de 2017, someterase a un período de información pública por prazo de 20 días hábiles, durante os cales poderán presentarse reclamacións ou alegacións.