No BOP da Coruña de 4 de febreiro de 2022 publicouse o primeiro Convenio Colectivo do persoal laboral ao servizo do Concello de Vilasantar, documento que foi elaborado pola empresa Galivalia.
Coa aprobación do dito documento, acadaranse os seguintes obxectivos principais:
– Homoxeneidade nas condicións laborais dos empregados municipais.
– Fixación dunha compilación dos dereitos, obrigas e normais laborais.
– Racionalización da estrutura profesional e da retribución do persoal laboral.
– Aplicación das novidades normativas e adecuación ao marco legal en vigor.