Acceso Clientes

Actualidade

Mantéñase ó día da actualidade de Galivalia e do noso sector

PRIMEIRO CONVENIO COLECTIVO NO CONCELLO DE VILALBA

Os membros da Mesa Xeral de Negociación do Concello de Vilalba, na sesión celebrada en data 20 de novembro de 2018, expresaron a súa plena conformidade coa proposta do novo Convenio Colectivo do persoal laboral, dando así por finalizado o proceso de negociación colectiva aberto para ese efecto.

O novo Convenio Colectivo suporá, entre outros obxectivos, unha homoxeneización xeral das condicións laborais do persoal laboral municipal, aos que se lles viña aplicando diferentes condicións, reguladas nos distintos convenios colectivos sectoriais, por carecer este Concello de convenio colectivo propio.

 


Tel�fono 677 303 856 Galivalia

Galivalia Consulstgo S.L. Ver texto legal.