Blog

PRIMEIRO CONVENIO COLECTIVO NO CONCELLO DE VILALBA

Os membros da Mesa Xeral de Negociación do Concello de Vilalba, en sesión celebrada o 20 de novembro de 2018, expresaron a súa plena conformidade coa proposta de novo Convenio Colectivo do persoal laboral, dando así por rematado o proceso de negociación colectiva aberto a tal efecto.

O novo Convenio Colectivo suporá, entre outros obxectivos, unha homoxeneización xeral das condicións de traballo do persoal laboral municipal, aos que ata o de agora se lles viñan aplicando diferentes reximes regulados nos distintos Convenios colectivos sectoriais, por carecer o Concello dun Convenio colectivo de seu.