No BOP de Ourense de data 29 de maio de 2025 publicouse a primeira Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Allariz, aprobada de forma definitiva polo Pleno Municipal na sesión de data 15 de maio. Dito documento foi elaborado co asesoramento técnico de Galivalia e consensuado entre o Goberno Municipal e a maioría dos representantes dos traballadores.