Este Real Decreto, persigue cinco obxectivos fundamentais:
Primeiro, reforzar a extinción colectiva de contratos de traballo por razóns económicas, técnicas, organizativas ou de produción canalizándoa cara a vía prevista expresamente pola lexislación laboral, isto é, o procedemento de regulación de emprego.
Segundo, proporcionar unha maior certeza aos traballadores, aos empresarios e ás autoridades, administrativas e xudiciais que interveñen nas extincións ou suspensións colectivas dos contratos de traballo e nas reducións de xornada, o que debe contribuír a reforzar a tutela xudicial efectiva mediante unha regulación detallada dos aspectos procedimentais.
Terceiro, axilizar a tramitación administrativa do procedemento de regulación de emprego co fin de lograr unha rápida aplicación deste, conxugando de xeito equilibrado a flexibilidade e adaptabilidade requiridas polas empresas e a seguridade demandada polos traballadores.
Cuarto, ofrecer un tratamento mais completo do plan de acompañamento social nos expedientes de regulación de emprego, coa vontade declarada de poñer en valor a súa importancia nos procesos de reestruturación de empresas como elemento esencial para a mellora da empregabilidade dos traballadores afectados e, por extensión, como instrumento que debe contribuír a evitar a expulsión indesexada e prematura dos traballadores do mercado de traballo.
E quinto, incorporar a renovada regulación legal da suspensión colectiva dos contratos de traballo e da redución temporal de xornada á normativa regulamentaria, tendo presentes as experiencias doutros países europeos como instrumento alternativo de axuste temporal do emprego ante conxunturas económicas adversas.