Esta reforma da negociación colectiva pretende abordar unha serie de disfuncións. Pero quere facelo respectando plenamente os elementos esenciais do noso sistema de negociación colectiva e, singularmente, respectando a autonomía colectiva. Baixo esta premisa básica, os obxectivos principais desta reforma da negociación colectiva son os seguintes:
Primeiro, favorecer unha mellor ordenación da nosa negociación colectiva, propiciando á vez unha negociación colectiva mais próxima á empresa e unha negociación colectiva sectorial mais adaptada á situación de cada concreto sector de actividade económica.
Segundo, introducir maiores niveis de dinamismo e axilidade na negociación colectiva, tanto nos procesos de negociación dos convenios colectivos como no seus contidos, de xeito que se incremente a súa capacidade de adaptabilidade aos cambios na situación económica e sociolaboral nuns termos que equilibren flexibilidade para as empresas e seguridade para os traballadores.
Terceiro, adaptar o sistema de negociación colectiva ás novas ou renovadas realidades empresariais que actúan no noso mercado de traballo, incluíndo novas regras de lexitimación para a negociación dos convenios colectivos e para favorecer a flexibilidade interna negociada cos representantes dos traballadores.
Trátase, en resumo, dunha reforma da negociación colectiva para que haxa mais e mellor negociación colectiva, mais ordenados e mellores convenios colectivos, de forma tal que podan cumprir de forma mais útil e eficaz a súa función de regulación das relacións laborais e das condicións de traballo e contribuír, a corto, medio e largo prazo, ao crecemento da economía española, á mellora da competitividade e da produtividade nas empresas españolas e, por elo, ao crecemento do emprego e a redución do desemprego.
Á vista dos indicados obxectivos, a arquitectura da reforma do sistema de negociación colectiva se aséntase sobre tres eixos básicos: a estrutura da negociación colectiva e a concorrencia de convenios colectivos; as novas regras sobre o contido e vixencia dos convenios colectivos e, en terceiro lugar, unha mellor e mais completa definición dos suxeitos que terán que negociar os convenios e das regras de lexitimación en cada caso, segundo o eido de que se trate.