Acceso Clientes

Actualidade

Mantéñase ó día da actualidade de Galivalia e do noso sector

Real Decreto Lei 7/2011, de 10 de xuño, de medidas urxentes para a reforma da negociación colectiva

Esta reforma da negociación colectiva pretende abordar unha serie de  disfuncións. Pero quere facelo respectando plenamente os elementos esenciais do noso sistema de negociación colectiva e, singularmente, respectando a autonomía colectiva. Baixo esta premisa básica, os obxectivos principais desta reforma da negociación colectiva son os seguintes:
Primeiro, favorecer unha mellor ordenación da nosa negociación colectiva, propiciando á vez unha negociación colectiva mais próxima á empresa e unha negociación colectiva sectorial mais adaptada á situación de cada concreto sector de actividade económica.
Segundo, introducir maiores niveis de dinamismo e axilidade na negociación colectiva, tanto nos procesos de negociación dos convenios colectivos como no seus contidos, de xeito que se incremente a súa capacidade de adaptabilidade aos cambios na situación económica e sociolaboral nuns termos que equilibren flexibilidade para as empresas e seguridade para os traballadores.

Terceiro, adaptar o sistema de negociación colectiva ás novas ou renovadas realidades empresariais que actúan no noso mercado de traballo, incluíndo novas regras de lexitimación para a negociación dos convenios colectivos e para favorecer a flexibilidade interna negociada cos representantes dos traballadores.
Trátase, en resumo, dunha reforma da negociación colectiva para que haxa mais e mellor negociación colectiva, mais ordenados e mellores convenios colectivos, de forma tal que podan cumprir de forma mais útil e eficaz a súa función de regulación das relacións laborais e das condicións de traballo e contribuír, a corto, medio e largo prazo, ao crecemento da economía española, á mellora da competitividade e da produtividade nas empresas españolas e, por elo, ao crecemento do emprego e a redución do desemprego.
Á vista dos indicados obxectivos, a arquitectura da reforma do sistema de negociación colectiva se aséntase sobre tres eixos básicos: a estrutura da negociación colectiva e a concorrencia de convenios colectivos; as novas regras sobre o contido e vixencia dos convenios colectivos e, en terceiro lugar, unha mellor e mais completa definición dos suxeitos que terán que negociar os convenios e das regras de lexitimación en cada caso, segundo o eido de que se trate.

B.O.E. sábado 11 de xuño de 2011


Tel�fono 677 303 856 Galivalia

Galivalia Consulstgo S.L. Ver texto legal.