Blog

SINATURA DO PRIMEIRO CONVENIO COLECTIVO DO CONCELLO DE SOBRADO

Os membros da Mesa Xeral de Negociación do Concello de Sobrado, na sesión desenvolvida en data 5 de febreiro de 2019, expresaron a súa conformidade plena coa proposta do novo Convenio Colectivo do persoal laboral, finalizando así o proceso de negociación colectiva aberto para tal efecto.

Coa aprobación do devandito documento, que foi elaborado pola empresa Galivalia, acadaranse os seguintes obxectivos principais:

  • – Homoxeneización das condicións laborais dos empregados municipais.
  • – Compilación dos dereitos, obrigas e normas laborais.
  • – Racionalización da estrutura profesional e da retribución do persoal laboral.
  • – Aplicación das novidades normativas e adecuación ao marco legal en vigor.