Acceso Clientes

Actualidade

Mantéñase ó día da actualidade de Galivalia e do noso sector

SINATURA DO PRIMEIRO CONVENIO COLECTIVO NO CONCELLO DE SOBRADO

Os membros da Mesa Xeral de Negociación do Concello de Sobrado dos Monxes, na sesión celebrada en data 5 de febreiro de 2019, expresaron a súa plena conformidade coa proposta do novo Convenio Colectivo do persoal laboral, dando así por finalizado o proceso de negociación colectiva aberto para ese efecto.

Coa aprobación do devandito documento, que foi elaborado pola empresa Galivalia, lograranse alcanzar os seguintes obxectivos principais:

  • A homoxeneización xeral das condicións laborais dos empregados municipais.
  • A fixación dun compendio dos dereitos, deberes e normas laborais.
  • A racionalización da estrutura profesional e da retribución do persoal laboral.
  • A aplicación das novidades normativas e adecuación ao marco legal vixente.

 


Tel�fono 677 303 856 Galivalia

Galivalia Consulstgo S.L. Ver texto legal.