Acceso Clientes

Actualidade

Mantéñase ó día da actualidade de Galivalia e do noso sector

Só 60 dos 315 alcaldes galegos fusionarían o seu concello con outro

O 81 % resístense a unir concellos e unha ampla maioría preferirían mancomunar servizos.

Só 60 dos 315 alcaldes galegos estarían dispostos a fusionar o seu concello con outro ou valorarían esa medida se fora a supor a saída á crise das arcas locais e unha mellor prestación de servizos. Entre eles, os de A Coruña, Ferrol e Santiago. As distintas Redaccións de La Voz estableceron contacto con todos os rexidores e da súas respostas conclúese que só un 19 % de eles dirían sí. Hainos reticentes e dispostos nas filas de todos os partidos. A ampla maioría preferirían mancomunar servizos para abaratar costes, sen unir os límites dos seus concellos. Non obstante, nin esa medida ten éxito sempre: «Aquí foi unha pérdida de cartos», dí o alcalde de Crecente (2.540 veciños), o popular Julio César García. «Todo depende de las condiciones de esa fusión. Llegado el momento habría que ver», apunta María Luisa Piñeiro (PP), alcaldesa de Moaña (19.231 veciños).

A indecisión derivase, dín, da falta de avales da opción pola que se lles pregunta. Por eso acóllense a un non provisional. Outros xustifican os “síes”: «Hay que dar un paso más y empezar a pensar un nuevo mapa de concellos», alegan dende o bando dos dispostos alcaldes como o popular José López (A Estrada, 21.828 veciños). «Tal y como se está poniendo la cosa, tendremos que hacerlo sí o sí», asegura o socialista Aquilino Valencia (Calvos de Randín, 1065 habitantes). «Se o mellor para os veciños é a fusión, o alcalde, encantado», sentencia el regidor de Meis, el popular José Luís Pérez (5.003 habitantes).

Fonte: La voz de Galicia


Tel�fono 677 303 856 Galivalia

Galivalia Consulstgo S.L. Ver texto legal.