Noticias

O CONCELLO DE TOMIÑO XA CONTA CUN NOVO CONVENIO COLECTIVO E ACORDO REGULADOR

No BOP de Pontevedra de 20 de xuño de 2023 publicouse o II Convenio Colectivo do persoal laboral ao servizo do Concello de Tomiño, así como o novo Acordo Regulador das condicións de traballo do persoal funcionario ao servizo do Concello de Tomiño, documentos que foron elaborados pola empresa Galivalia. Coa aprobación de ambos os dous documentos, cúmprense as seguintes

Ler máis »

O CONCELLO DA GUARDA E OS SINDICATOS ACORDAN UN NOVO CONVENIO COLECTIVO E ACORDO REGULADOR

O Concello da Guarda acordou cos sindicatos un novo Convenio Colectivo para o persoal laboral desa Administración, que por vez primeira inclúe unha táboa salarial, así como un novo Acordo Regulador para o persoal funcionario da mesma. Os devanditos documentos foron elaborados por Galivalia Avogados e Consultores, e consensuados entre o Executivo municipal e os representantes dos empregados do Concello.

Ler máis »

ACORDO NO CONCELLO DE PONTEAREAS PARA APROBAR A SÚA PRIMEIRA RPT, ACORDO REGULADOR E CONVENIO COLECTIVO

O Concello de Ponteareas chegou a un Acordo para aprobar a súa primeira Relación de Postos de Traballo (RPT), así como o seu primeiro Acordo Regulador das condicións de traballo do persoal funcionario, e un novo Convenio Colectivo do persoal laboral. A Mesa Xeral de Negociación expresou a súa conformidade coa proposta dos citados documentos, e procedeu á sinatura dos

Ler máis »

ACORDO NO CONCELLO DE ARANGA PARA APROBAR A SÚA PRIMEIRA RPT, ACORDO REGULADOR E CONVENIO COLECTIVO

O Concello de Aranga chegou a acordo para aprobar a súa primeira Relación de Postos de Traballo (RPT), así como o seu primeiro Acordo Regulador das condicións de traballo do persoal funcionario e o seu primeiro Convenio colectivo do persoal laboral. A Mesa Xeral de Negociación expresou a súa plena conformidade coa proposta dos devanditos documentos e procedeu á sinatura

Ler máis »