Blog

APROBADA A RPT DO CONCELLO DE CERCEDA

O Pleno do Concello de Cerceda acordou en sesión celebrada o pasado 8 de xaneiro de 2024 a aprobación definitiva da Relación de Postos de Traballo (RPT). O devandito documento foi elaborado pola empresa Galivalia, e consensuada entre o Goberno municipal e os representantes sindicais dos empregados do Concello.

Resoltas as alegacións formuladas ao documento presentado inicialmente, a RPT definitiva agora aprobada expón o organigrama do Concello, relacionando os postos de traballo xunto co salario que corresponde a cada posto e as súas funcións.

A aprobación da RPT non implica só unha mellora para o persoal ao realizarse unha correcta valoración dos postos de traballo existentes, respectando dereitos adquiridos e consolidados polos empregados municipais, senón tamén a creación de novos postos. Todo o anterior, sumado á adaptación do organigrama municipal ás circunstancias actuais, fai que a RPT contribúa a unha mellora no funcionamento dos servizos e da Administración local de Cerceda.