Acceso Clientes

Actualidade

Mantéñase ó día da actualidade de Galivalia e do noso sector

O CONCELLO DE BRIÓN ACORDA UNHA NOVA RPT

O pleno do Concello de Brión acordou a aprobación definitiva dunha nova Relación de Postos de Traballo (RPT), documento que foi elaborado pola empresa Galivalia e consensuada entre o goberno municipal e os representantes dos traballadores municipais.

A aprobación da nova RPT suporá un feito histórico para este Concello, ao ser a primeira que afecta a todo o persoal, tanto ao persoal funcionario como ao persoal laboral.

Deste xeito, coa nova RPT establécese unha valoración de todos os postos de traballo a efectos retributivos (tanto laborais, como funcionarios) a través do mesmo sistema obxectivo de valoración, conseguíndose así unha racionalización da estrutura retributiva do persoal a través da homologación do sistema retributivo de persoal laboral e funcionario.

 


Tel�fono 677 303 856 Galivalia

Galivalia Consulstgo S.L. Ver texto legal.