Blog

O CONCELLO DE PONTECESURES APROBA A SÚA PRIMEIRA RPT

O pleno do Concello de Pontecesures acordou a aprobación definitiva da súa primeira Relación de Postos de Traballo (RPT), documento que foi elaborado pola empresa Galivalia e consensuada entre o goberno municipal e os representantes dos traballadores municipais.

Coa nova RPT establécese unha valoración de todos os postos de traballo a efectos retributivos, co mesmo sistema obxectivo de valoración, conseguíndose así unha racionalización da estrutura retributiva do persoal a través da homologación do sistema retributivo de persoal laboral e funcionario.