No BOP de Pontevedra de 20 de xuño de 2023 publicouse o II Convenio Colectivo do persoal laboral ao servizo do Concello de Tomiño, así como o novo Acordo Regulador das condicións de traballo do persoal funcionario ao servizo do Concello de Tomiño, documentos que foron elaborados pola empresa Galivalia.
Coa aprobación de ambos os dous documentos, cúmprense as seguintes finalidades:
– Actualización á normativa en vigor das condicións de traballo dos empregados municipais, tanto laborais como funcionarios.
– Actualización da compilación de dereitos, obrigas e normas tanto para o persoal laboral como funcionario do Concello.
– Revisión da clasificación profesional do persoal ao servizo do Concello.
– Aplicación das novidades normativas e adecuación ao marco legal en vigor.