Blog

PUBLICADA A PRIMEIRA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE CURTIS

O Concello de Curtis publicou no BOP da Coruña de 11 de febreiro de 2020 o Anuncio de aprobación definitiva da súa primeira Relación de Postos de Traballo (RPT).

A aprobación da nova RPT supón un fito histórico para este Concello, por ser a primeira que afecta a todo o persoal, tanto funcionario coma laboral.